Aberta a inscrición para os últimos días no CAMPUS SAR

Aínda queda CAMPUS SAR por diante! Se queres darlle unha despedida por todo o alto ás vacacións de verán, inscribe aos teus pequenxs nos últimos días de Campus:

📍 Do 30 agosto de 3 setembro
📍 Do 6 a 8 de setembro

Actividades ao aire libre, piscina exterior, actividades deportivas en contacto coa natureza, actividades en inglés, obradoiros temáticos, baile, xogos tradicionais, clases dirixidas… centrarán o seu entretemento. Os protocolos do campamento seguirán en todo momento as indicacións estipuladas polas autoridades sanitarias e o aforo estará limitado.

O campamento, destinado a rapazas e rapaces de entre 4 e 14 anos, conta coa presenza de profesionais con formación específica, entre os que se contan licenciadxs en educación física, monitorxs de tempo libre, instrutorxs… As actividades desenvolveranse de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, coa posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas para quen o desexe.

En función das semanas que precisen e da súa condición ou non de abonados das instalacións, o prezo parte dende 39€ a semana:

Campus Sar 1 semana abonadx 46 €
Campus Sar 1 semana NON abonadx 69 €
Campus Sar 2 semanas abonadx (prezo por semana) 44 €
Campus Sar 2 semanas NON abonadx (prezo por semana) 67 €
Campus Sar 3 semanas abonadx (prezo por semana) 42 €
Campus Sar 3 semanas NON abonadx (prezo por semana) 65 €
Campus Sar 4 semanas abonadx (prezo por semana) 39 €
Campus Sar 4 semanas NON abonadx (prezo por semana) 62 €

Descarga AQUÍ a folla de inscrición.

Descarga AQUÍ o consentimento para imaxes e saídas.

Descarga AQUÍ as medidas implementadas fronte ao

Pin It