INFORMACIÓN E CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CONCERTO DE BONNIE TYLER NO MULTIUSOS

🎟 Entradas en www.woutick.es e no despacho de localidades do Multiusos a partir das 19h.

🔹 20h – Apertura de portas .
🔸 20.45h – Actuación de Blues do País
🔹 22.15h – Actuación de Bonnie Tyler
Tanto a actuación de Blues do País como a de Bonnie Tyler estarán precedidas por sesións de La Duendeneta Dilleis.

– 😷 No interior do recinto deberás permanecer coa máscara perfectamente colocada en todo momento, retirándoa só e puntualmente no momento do consumo.

– 🥤 Os/as asistentes que no evento desexen consumir bebida deberán presentar na entrada ao recinto o seu certificado COVID. Só se venderá e se permitirá o consumo de bebida ás persoas que presenten o correspondente certificado.

– Só se permitirá o consumo de bebidas sentado/a na butaca, sempre mantendo a distancia de seguridade e retirando a máscara puntualmente para beber.

– 🌂 A lei de espectáculos non permite a entrada con paraugas ao recinto. Haberá unha zona habilitada para deixalos. ⚠️ A organización non se responsabiliza da perda ou roubo dos mesmos.

– 🚬 Só se poderá fumar nas zonas exteriores sinalizadas.

– 🚌 Habilitarase un servizo de autobuses para o concerto con saída de Rúa da Rosa a partir das 19:00 ata as 22:15. Ao finalizar manterase o servizo de autobuses de volta.

Pin It