IMPORTANTE: certificado Covid para o acceso ás instalacións

Para acceder dende o sábado 18 de decembro ás nosas instalacións, segundo o DOG Núm. 241 de 17 de decembro de 2021, as persoas maiores de 12 anos deberedes presentar na entrada UN (1) dos seguintes documentos:

a) CERTIFICADO DE VACINACIÓN. Que avale que recibiches a pauta completa da vacina contra a COVID-19.
b) CERTIFICADO DE DIAGNÓSTICO NEGATIVO. Test de antíxenos realizado nas últimas 48 h ou PCR realizada nas últimas 72 h.
c) CERTIFICADO DE RECUPERACIÓN. Diagnóstico confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante PCR.

Todas as certificacións serán emitidas polo Servizo Público de Saúde, un laboratorio autorizado ou oficina de farmacia.

Pin It