Campus Sar verán 2026

Xa está aquí o Campus Sar, a mellor alternativa de lecer este verán para nenos e nenas de 4 a 16 anos. Desde o 22 de xuño e ata o inicio do curso, ofreceremos un verán cargado de deporte, piscina, obradoiros e moita diversión no exterior.

Datas de inscrición:
Abonados/as (Preferente): A partir do luns 4 de maio ás 12:00h

Non abonados/as: A partir do 1 de xuño.

Información: 
Actividades: Deporte, piscina, pádel e tenis, actividades en inglés, obradoiros, plans no exterior en contacto coa natureza, excursións….

Horarios: De 8:45h a 14:30h.

Conciliación: Opción de madrugadores (8:00h) e comedor (ata as 16:00h).

Prezo: Desde 47,30€/semana.

Prezos Campus SAr 2026

Guía de Inscrición ao Campus

Para completar a súa inscrición correctamente, siga estes sinxelos pasos:

1. Acceso e Rexistro

  • Identificación: Acceda ao enlace do formulario. Se aínda non ten conta, cree un novo rexistro.

  • Inicio: Unha vez dentro, abra o menú (tres raias horizontais) e seleccione “Nova inscrición campus”.

  • Datos: Complete a información solicitada do menor.

    • Importante: Marque correctamente se o neno/a é abonado/a para aplicar a tarifa correspondente.

2. Selección de Semanas de Asistencia

  • Seleccione no calendario desde o primeiro luns ata o último venres do seu período de asistencia.

  • Se escolle semanas alternas, pode engadir todos os períodos desexados. O sistema calculará automaticamente o total de semanas.

3. Solicitude de Servizos Extra (Mañás, Tardes ou Comedor)

Para contratar estes servizos, é necesario realizar o proceso por cada semana de forma independente, seguindo estes pasos:

  1. Seleccione a semana: Elixa o rango de días (luns a venres) no calendario.

  2. Marque inicio e fin: Indique exactamente o día de inicio e de fin dese servizo.

  3. Elixa o servizo: Seleccione a ampliación desexada (Mañá, Tarde ou Comedor).

  4. Repita: Se necesita contratar servizos para outra semana distinta, inicie o proceso de novo desde o paso 1.

Nota importante: O sistema procesa cada solicitude de extra como un evento único. Non intente marcar varias semanas nunha soa selección, xa que o sistema non poderá asignar o servizo correctamente.

Pode acceder desde esta ligazón ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Pin It