A partires de outubro a oferta de actividades dirixidas do Multiusos Fontes do Sar volve incorporar unha clase de Fit bike ao mediodía. Todos os martes, mércores e xoves, de 15:30 a 16:25h, na sala 6 da instalación, poderás exercitar o teu corpo ao ritmo da música nunha divertida sesión sobre a bicicleta estática.