XADE e GRUPO EXPANSIONA asinan un convenio para ofrecer beneficios na compra dun piso aos abonados das instalacións

Grupo Expansiona e Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L. asinaron un convenio para informar e promocionar entre os traballadores e os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel unha serie de vivendas no Edificio La Marina, en Milladoiro (Ames). Os empregados e as persoas inscritas nalgún dos dous centros deportivos que se decidan a comprar este mes na promoción do Grupo Expansiona, poderán beneficiarse das últimas unidades ao 100% do valor de compra máis gastos e gozarán de numerosas vantaxes.
Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel que adquiran unha vivenda de 1, 2 ou 3 dormitorios no Edificio La Marina, que a empresa Grupo Expansiona acabou de construir e que está comercializando na Avda. Rosalía de Castro nº 7 en Milladoiro, amais de ser o último mes para poder deducirse o 15% de hipoteca e os gastos de compra, contarán cos seguientes beneficios: a empresa promotora comprométese a regalarlles unha cociña completamente equipada, desfrutarán de interesantes vantaxes en Caixa Galicia se se subrogan á hipoteca concedida a Grupo Expansiona, terán un 20% de desconto en produtos Blüsens, un 20% de rebaixa en decoración na empresa Organza, un 19% de desconto en Radioelectrodomestic, poderán adquirir todo o mobiliario da vivenda na empresa TUCO dende 1.900 €, e contarán cun 25% de desconto en mobles de baño en AM COCINAS.

Pin It