PECHE TEMPORAL DO MULTIUSOS FONTES DO SAR E DO C.D. SANTA ISABEL

O Consello de Administración da sociedade mixta Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., determinou no día de hoxe en reunión extraordinaria a suspensión temporal da actividade e o peche das dúas instalacións deportivas que xestiona, o Multiusos Fontes do Sar e o Complexo Deportivo Santa Isabel, dende o sábado 14 de marzo ata o venres 27 de marzo, ambas datas inclusive.

A medida, que afecta aos preto de 11.000 usuarios e máis de 100 traballadores dos centros, busca garantir a seguridade de todos, favorecer o aillamento e contribuir a evitar a propagación do Coronavirus (Covid-19).

Debido a esta circunstancia a empresa está a estudar as distintas posibilidades de compensación aos abonados polos días de cese do servizo.

Dende a xerencia das instalacións trasladamos o noso agradecemento a traballadores e usuarios pola súa comprensión, e apelamos á colaboración e á responsabilidade de todos para poder volver canto antes á normalidade.

Accede aquí ao comunicado oficial.

Pin It